Asesoría Fiscal
Damos aos nosos clientes ASESORAMENTO, XESTIÓN E TRAMITACIÓN de todo tipo de impostos, estamos en contacto continuo cos nosos clientes, pendentes de todos os trámites e presentacións de impostos obrigatorios que deben efectuar como contribuíntes. Tentamos alcanzar, para eles, o maior beneficio e aforro fiscal, aplicando a normativa vixente.

Servizos fiscales

  • Asesoramento para a elección da forma xurídica mais idónea e trámites necesarios para a creación, disolución e modificacións fiscais para S. L. (Sociedade Limitada), S. L.U. (Sociedade Limitada Unipersonal), Cooperativas, S.A. (Sociedade Anónima), S. C. (Sociedade Civil), Asociacións, etc.
  • Altas I.A.E. (Imposto sobre Actividades Económicas).
  • Liquidación, presentación e seguimento dos modelos relativos ás obrigacións fiscais e empresariais periódicas:
    • Autoliquidacións trimestais e anuais
    • Declaracións informativas
    • Imposto de Sociedades
  • Comparecencias, tramitación, recursos e seguimento en Inspeccións da Axencia Tributaria.
  • Asesoramento e xestión en Impostos da Renda, Imposto do Patrimonio, Imposto sobre non residentes, Imposto sobre Sucesións e Doazóns, Imposto sobre Transmisións e Actos Xurídicos Documentados e Impostos Especiais.
  • Asesoramento, información e actualización respecto das distintas novidades e vantaxes fiscais, tanto a persoas físicas como xurídicas.
  • Outros trámites fiscais de índole empresarial nos distintos Organismos.

SOLICÍTENOS MÁIS INFORMACIÓN

Póñase en contacto connosco e informarémoslle de todo o que CEINCO XINZO pode facer pola súa empresa.
Ir arriba

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.